Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE de Ribeira ve "practicamente inviable" o novo polígono industrial sen o financiamento da Xunta

O PSdeG-PSOE reclama ao Goberno galego partidas orzamentarias plurianuais

Francisco Suárez-Puerta

Francisco Suárez-Puerta / Cedida

Ribeira

O PSdeG-PSOE presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para instar á Xunta a establecer ao longo deste ano as liñas e contías de financiamento plurianuais necesarias para a construción do novo polígono de Ribeira.

Pola súa banda, o voceiro socialista na Corporación de Ribeira e membro do goberno tripartito, Francisco Suárez-Puerta, denuncia a «situación de éxodo de veciñanza e de empresas provocada pola falta de investimento da Xunta na creación de chan industrial dentro do noso concello» e considera «practicamente inviable que a construción do polígono poida levarse a cabo só coa aportación do Concello dado o seu elevado custo, polo que a aportación da Xunta é esencial».

Suárez-Puerta lamenta «que a Xunta non fixese practicamente ningunha aportación máis alá dunha axuda para repotenciación do tendido eléctrico para o polígono industrial, a pesar de ter as competencias». «Agardamos que a Xunta aporte para facer realidade este polígono sen que o seu custo caia no Concello», engadiu.

Tracking Pixel Contents