Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Villares anima ao consumo de peixe e marisco procedentes de frotas artesanais

É o primeiro acto dunha campaña de promoción destes produtos nas prazas de abastos galegas

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participando na Estrada nunha xornada de promoción dos peixes e mariscos da frota artesanal galega

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participando na Estrada nunha xornada de promoción dos peixes e mariscos da frota artesanal galega / Xunta de Galicia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, desprazouse onte ata a vila da Estrada para participar na primeira das accións da campaña destinada a promocionar nas diferentes prazas de abastos o consumo de peixes e mariscos procedentes da frota artesanal galega.

Alí, o responsable deste departamento do goberno galego defendeu que existe un distintivo específico, coñecido como PescadeRías, para diferenciar estes produtos nos mercados, onde son «garantía de frescura, calidade, respecto medioambiental e de aplicación de prácticas hixiénicas e de manipulación axeitadas».

Con motivo desta xornada, o novo mercado estradense tamén foi sede durante o día de onte de varios obradoiros e demostracións pensados para achegar aos asistentes os beneficios do peixe fresco galego como base dunha dieta equilibrada e saudable. Deste xeito, ofrecéuselles información acerca da etiquetaxe, da trazabilidade e da seguridade alimentaria dos mesmos.

Nas vindeiras semanas, esta campaña desprazarase a outras prazas de abastos de cidades e vilas coma Ferrol, Lugo, Ourense ou Marín.

Tracking Pixel Contents