O Concello de Rianxo lanza unha convocatoria de axudas para impulsar o comercio local
A iniciativa está programada e desenvolta polas entidades asociativas do sector

O Concello de Rianxo lanza unha convocatoria de axudas para dinamizar o comercio local / Facebook

O Concello de Rianxo puxo en marcha este xoves unha liña de axudas para axudar á dinamización do comercio da localidade. Neste sentido, estas axudas teñen como finalidade favorecer a existencia dunha actividade estable de promoción e mellora do comercio dentro do ámbito territorial. Así mesmo, trátase dunha iniciativa programada e desenvolta polas entidades asociativas do sector.
"Esta liña de axudas, que por primeira vez se convoca no noso municipio, pretende dinamizar o noso comercio local a través dunha subvención directa aos colectivos asociativos do concello, para que poidan seguir impulsando a actividade económica de Rianxo, reforzando o tecido empresarial e creando oportunidades de emprego para a veciñanza", sinalou o alcalde, Julián Bustelo.
O rexedor tamén anuncio que dende o Concello están traballando nunha segunda liña de axudas ás iniciativas empresariais coa intención de poñela en funcionamento nos próximos meses.
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Ni un solo ladrillo: así es la espectacular Casa Caracola a una hora de Santiago que desafía la arquitectura
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Santiago arrasa en los Premios 'Próximos' de Arquitectura: estas son todas las obras distinguidas
- Héctor Galán y la plantilla ACB del Obradoiro: “Quintela, Barcello y Barrueta tienen contrato para el año”
- Los libros más difíciles de encontrar toman la Alameda de Santiago
- El inesperado detalle del nuevo mural de Touro que desconcierta en redes