PATRIMONIO
Expropiacións de parcelas para restaurar as Torres de Cillobre
Aparecen representadas no escudo municipal da Laracha

Restos das Torres de Cillobre da Laracha / Cedida
A xunta de goberno local da Laracha elevou a definitiva a aprobación do proxecto de expropiación de todos os terreos vinculados ao conxunto arquitectónico das Torres de Cillobre, os restos da fortaleza datada no século XIV que dá nome ao núcleo no que se sitúan, moi preto do casco urbano larachés.
O proxecto de expropiación inclúe catro parcelas catastrais que suman unha superficie total de 2.655 metros cadrados. O investimento alcanzará os 54.000 euros, que o Concello larachés asumirá integramente con fondos municipais.
«A adquisición deste destacado elemento histórico é unha antiga aspiración do goberno local», afirma o alcalde, José Manuel López. Xa incluíran as Torres de Cillobre no Plan Especial de Patrimonio Cultural co obxectivo de garantir a súa máxima protección. A previsión é que os terreos obxecto da expropiación pasen a ser de titularidade municipal antes de final de ano para que xa en 2025 poidan ser obxecto de proxectos e iniciativas para a súa restauración e posta en valor.
As Torres de Cillobre conforman un dos símbolos do Concello ao aparecer representadas no escudo municipal, «o que pon de manifesto a súa relevancia histórica, en especial durante a época feudal, na que pertenceron a familias nobres», subliñan dende o Concello.
A día de hoxe, do total do conxunto arquitectónico aínda se conservan unha parte do muro perimetral e a vivenda da torre da fortaleza medieval.
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Hablan los okupas de Bertamiráns: 'Solo pedimos una oportunidad
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- La fiebre por las tartas de queso aterriza en Galicia con un gran festival cerca de Santiago



