PATRIMONIO
Rianxo recupera a estrutura orixinal do pazo do Martelo
Investiron 1,4 M€, dos cales case un millón son dunha axuda europea

Julián Bustelo, á dereita, co responsable da empresa e o edil de Obras no renovado pazo / C. R.
As obras de rehabilitación do pazo do Martelo, que tratan de recuperar a estrutura orixinal do edificio, ademais de mellorar a súa eficiencia enerxética e accesibilidade, rematarán esta semana. Así llo trasladou o encargado da obra da empresa Sergonsa ao alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e ao edil de Obras, Alberto Angueira.
Bustelo recorda que a obra rematará no prazo sinalado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, «que nos concedeu un mes de prórroga para acabar a reforma e xustificar a subvención dun millón de euros antes do 31 de outubro». A rehabilitación foi adxudicada en 1.410.912,03 euros e conta cunha subvención de 978.709,98 euros da Unión Europea a través do PIREP (Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos) do Ministerio.

O alcalde e o edil de Obras co responsable da empresa construtora / C. R.
O alcalde resalta que, «para unha obra destas características, ter só un mes de retraso demostra que se están facendo ben as cousas», engade Julián Bustelo.
A rehabilitación ten por finalidade evitar os graves problemas de filtración de auga que estaban a deteriorar o edificio, e recuperar a estrutura orixinal do mesmo, despois da reforma acometida nos anos 80, polo que tamén se eliminaron os balcóns da fachada que dá á ría para recuperar a parede branca con ventás. O proxecto inclúe melloras de eficiencia enerxética e accesibilidade.
O interior do edificio, que se levantou a finais do século XVII e principios do XVIII, foi derrubado integramente e reconstruído, con dous andares diáfanos. Estase a colocar o chan no andar superior, ao que volverá a biblioteca, e habilitaranse postos de investigación e unha zona de lectura máis ampla. O andar inferior contará cunha estancia diáfana con acceso as dúas fachadas do edificio, entre outros servizos.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias

