Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Rianxo investirá 95.000 euros en renovar as luminarias do Paseo Marítimo

O proxecto executarase en tres fases e está previsto que remate antes do inverno

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, polo Paseo Marítimo

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, polo Paseo Marítimo / Concello de Rianxo

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

Rianxo

Durante os vindeiros meses, o Concello de Rianxo renovará a totalidade das luminarias do Paseo Marítimo a través dun proxecto que conta cun investimento de 95.000 euros e co apoio da Deputación da Coruña a través do seu Plan Único.

O proxecto executarase en tres fases sucesivas e prevese que nos próximos días saia a licitación a renovación das primeiras 31 luminarias situadas entre Setefogas e A Carballeira. Neste sentido, as luminarias actuais cambiaranse por outras de maior eficiencia enerxética que empregarán tecnoloxía LED.

O alcalde, Julián Bustelo, destacou que "a falta de mantemento fixo que na actualidade boa parte das luminarias do Paseo Marítimo non funcionen, o que limita moito o uso deste espazo, particularmente nos meses de luz solar".

"Con este importante proxecto substituiremos a totalidade das luminarias do Paseo Marítimo antes do vindeiro inverno, permitíndonos mellorar dunha maneira notoria un espazo moi empregado por todos os veciños e veciñas e un dos nosos principais reclamos turísticos", concluíu o rexedor.

Tracking Pixel Contents