Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Estas son as trece marabillas arquitectónicas da provincia coruñesa

A Deputación edita unha guía de viaxe para dar a coñecer xoias do patrimonio como o Castelo de Vimianzo, as Torres do Allo ou Pazo de Mariñán

Presentación da guía de viaxes da Deputación da Coruña

Presentación da guía de viaxes da Deputación da Coruña / CEDIDA

Vimianzo

O Castelo de Vimianzo, as Torres de Altamira, o mosteiro de San Xoan de Caaveiro, as Torres do Allo, os Batáns de Mosquetín, o Pazo do Mariñán, o Teatro Colón, o Ecomuseo Forno do Forte, o Centro de interpretación da natureza, o Centro Etnográfico de Teixeiro e os dolmens de Axeitos, Cabaleiros e Dombate. Son as trece marabillas incluídas na guía de viaxe que vén de editar a Deputación da Coruña para promocionar a riqueza arquitectónica da provincia.

Castelo de Vimianzo

Castelo de Vimianzo / CEDIDA

A publicación, presentada onte no Castelo de Vimianzo, compila fotografías, infografías, historia, tradicións e curiosidades coas que, ademais de dar a coñecer as «marabillas» da provincia, búscase salientar a necesidade de protexer o patrimonio.

Na presentación participaron o deputado provincial Xosé Penas, a alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez e a coordinadora do proxecto, Maite Vence.

Puerta de acceso al recinto del Pazo de Mariñán

Puerta de acceso al recinto del Pazo de Mariñán / CEDIDA

Máis ca unha guía de viaxe

«Non falamos dunha guía de viaxe ao uso, pois esta publicación fala de tradicións, de historia, de lendas, de formas de vivir o territorio, de cultura...,sen perder de vista a importancia que o patrimonio ten para o turismo», explicou o deputado provincial.

Torres de Altamira en Brión

Torres de Altamira en Brión / CEDIDA

Pola súa banda, a rexedora de Vimianzo quixo agradecer que a Deputación “escollera este marabilloso espazo para facer a presentación dun acto tan relevante. O noso Castelo é o faro que nos ilumina, testemuña da nosa historia e símbolo da nosa identidade”, así como unha parte “fundamental do patrimonio da nosa provincia”.

Tracking Pixel Contents