O Concello de Ribeira repinta os pasos de peóns para reforzar a seguridade
A medida forma parte do plan de mantemento e mellora das infraestuturas urbanas

Dous operarios reforzan a pintura nun dos pasos de peóns de Ribeira / Concello de Ribeira
O Concello de Ribeira comezou esta semana a realizar labores de reforzo da pintura viaria nos pasos de peóns co obxectivo de mellorar a visibilidade e garantir a seguridade da cidadanía. Esta medida forma parte do plan de mantemento e mellora das infraestruturas urbanas, enfocado en previr accidentes e asegurar unha mobilidade máis fluída e segura nas rúas da cidade.
"Comezaremos como prioridade cos pasos de peóns e despois procederase cas liñas de sinalización da propia estrada, unha vez rematado o traballo no centro seguirase polas parroquias para garantir a seguridade vial", sinalou o concelleiro de Obras, Xabier Vidal, que tamén destacou que "a seguridade da veciñanza é unha prioridade".

Dous operarios realizan labores de pintura nun paso de peóns en Ribeira / Concello de Ribeira
O proxecto contempla a renovación da pintura nas zonas de maior tránsito peonil, así como en áreas próximas a centros educativos. Este reforzo responde á necesidade de manter en óptimas condicións os sinais horizontais, esenciais para a seguridade viaria, especialmente en épocas de choiva e baixa visibilidade.
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Santiago presenta la Festa da Uña de San Lázaro con un homenaje a los fundadores de la Orde y la París de Noia en el cartel
- El precio de la gasolina continúa subiendo y llenar el depósito ya supera los 100 euros en Santiago
