Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Touro promove un club de lectura feminista e un Cine Fórum

Emitiranse dous filmes: un documental sobre mulleres da Costa da Morte e unha película de fantasía para todos os públicos

Casa consistorial do Concello de Touro

Casa consistorial do Concello de Touro / Cedida

Javier Ramos

Javier Ramos

O Concello de Touro promove este mes diferentes actividades culturais con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, as cales inclúen a creación dun club de lectura feminista e un Cine Fórum con posterior sesión de debate. Ambas as dúas actividades requiren de inscrición previa para poder asistir.

Deste xeito, este sábado 26 de outubro, de 17.30 a 19.30 horas, a Casa da Cultura acollerá unha sesión de cine dirixida aos integrantes da ANPA A Santaia e ao alumnado de cero a doce anos, aínda que está aberta tamén a calquera persoa interesada nas proxeccións. De xeito simultáneo, poderán verse en diferentes salas Noetiña, un documental sobre o traballo das mulleres do mar en Galicia; e Raia e o último dragón, unha película de fantasía para todos os públicos.

Por outra banda, o club de lectura abre o prazo de inscricións e, se se chega ao número mínimo de participantes, comezará o vindeiro día 8 de novembro para logo ir reuníndose un venres cada dúas semanas, de 18.30 a 19.30 horas na biblioteca municipal.

Tracking Pixel Contents