Unha granxa de Boqueixón, exemplo de remuda xeracional no rural galego
O presidente Alfonso Rueda visitou onte as instalacións da explotación gandeira Graña Camba, un negocio familiar na parroquia de Gastrar ao que acaba de sumarse un dos fillos

O xoven gandeiro Alejandro Graña, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda; durante a visita do mandatario á súa explotación / Xunta
Cada ano que pasa son menos as explotacións gandeiras existentes en Galicia. O devalo demográfico do rural e a tendente concentración das granxas en instalacións de moito maior tamaño e número de reses foron transformando a imaxe das aldeas galegas ao longo das últimas décadas. Tanto que o modelo de gandaría de subsistencia tan frecuente no século pasado ten mudado, da man dos fondos para a converxencia e dos avances tecnolóxicos, nuns sectores cárnico e lácteo profesionalizados e de moita maior produtividade.
Porén, este proceso non está exento de retos de presente e de futuro. Gran parte dos titulares destas explotacións encaran os seus últimos anos de traxectoria profesional e a remuda non está garantida en todos os casos. Dende o 2009, indica a Xunta, arredor de 5.000 mozos e mozas se teñen incorporado a actividades agrogandeiras. Con esta fin, o Goberno galego dispón de liñas de axudas coma a que onte quixo salientar o presidente Alfonso Rueda, quen, nunha visita a unha explotación gandeira na parroquia de Gastrar, no concello de Boqueixón, resaltou que o Executivo autonómico investirá 2,1 millóns de euros de aquí a 2029 para favorecer a sucesión nestes sectores.
En concreto, Rueda achegouse onte ata a granxa de leite Graña Camba, á que se acaba de incorporar Alejandro Graña, fillo dos titulares da explotación. Un gandeiro xoven co que tamén se afianzan os adiantos tecnolóxicos implantados na instalación, que conta con robots para o ordeño e demais maquinaria avanzada para unha óptima supervisión e coidado das ducias de animais ao seu cargo. Así, esta explotación consigue producir aproximadamente uns sete mil litros de leite cada dous días.
«Hoxe teñen pouco que ensinarnos en ningún sitio», defendeu Alfonso Rueda sobre o sector lácteo galego, no que valorou a progresiva chegada de «innovacións que hai 30 anos non existían» e que hoxe permiten tanto unha mellor eficiencia nestes negocios coma unha maior calidade de vida dos que traballan neles.
Neste senso, o titular da Xunta quixo pór en valor a aposta do seu goberno polo rural e destacou que os orzamentos da Consellería de Medio Rural medrarán en 2025 por riba do aumento medio das contas autonómicas, ata chegar a superar os 700 millóns de euros no vindeiro exercicio. Do mesmo xeito, enfatizou outras medidas adoptadas por este departamento, como a creación dunha plataforma, que entrará en funcionamento antes de finais de ano, para poñer en contacto a titulares de explotacións gandeiras que cesan a súa actividade con posibles interesados en manter as mesmas.
Suscríbete para seguir leyendo
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos

