FORMACIÓN
Mariscadoras e redeiras achegan os labores do mar ao IES Maximino Romero de Baio
O centro acolle ata finais de mes unha exposición sobre as mulleres da pesca

Jacqueline Lista, esquerda, e Ángeles Millé cos alumnos do instituto de Baio / Cedida
O 15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñeceu á asociación de redeiras O Fieital de Malpica pola súa achega na innovación no sector pesqueiro e acuícola cun terceiro premio nesta categoría. No IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas) quixeron dar a coñecer ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO o traballo destas mulleres da man da redeira Ángeles Millé, que é ademais secretaria de Anmupesca, e de Jacqueline Lista, presidenta da agrupación de mariscadoras e patroa de barco de Camariñas.
Ángeles describiulles o traballo das redeiras, ensinoulles as artes e aparellos de pesca coas que traballan, e comentoulles que se desaprazan a traballar a outras zonas de Galicia, así como as actividades de divulgación e formación que realizan dentro e fóra da nosa comunidade. Subliñou o papel referente da asociación de redeiras de Malpica ao ser a primeira en constituírse en España tras a catástrofe de Prestixe, cuxa loita conseguiu para este sector a cualificación profesional da súa actividade.

Exposición fotográfica no IES Maximino Romero de Lema, de Baio / Cedida
Pola súa banda, Jacqueline Lista contoulles en que consiste o marisqueiro, que especies colleitan e como as recollen, os aparellos que empregan ou como se protexen das inclemencias metereolóxicas. Tamén este labor, grazas ao asociacionismo pasou de ser un complemento da economía familiar de coidadoras da familia á profesionalización.
A actividade, que foi promovida pola Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), compleméntase coa exposición fotográfica As mulleres da pesca: traballo invisible, pero esencial , que permanecerá no instituto baiés ata finais de mes.
Con esta dobre acción o IES Maximino Romero, de Baio, quere contribuír á divulgación e ao recoñecemento do papel que desempeñan as mulleres do rural en xeral, e o destas profesionais do mar, en particular.
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Hablan los okupas de Bertamiráns: 'Solo pedimos una oportunidad
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- La fiebre por las tartas de queso aterriza en Galicia con un gran festival cerca de Santiago


