Atopan a mochila da menor de Ordes desaparecida en Fisterra
Están explorando unha zona de cantís de moi difícil acceso por terra

Adriana, de 14 anos, está desaparecida dende o pasado martes / Cedida
Un amplo dispositivo por terra e aire, coordinado e posto en marcha pola Garda Civil, leva xa tres días buscando a Adriana, de 14 anos e veciña de Ordes, desaparecida dende o martes na zona de Fisterra, onde se localizou a última sinal do seu teléfono móbil.
A Garda Civil contactou co 112 Galicia para solicitar a colaboración dos drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias. A unidade uniuse ás tarefas de busca a primeira hora da mañá deste sábado na zona dos cantís de Mesa Regada, moi escarpados e nos que un dispositivo por terra pode resultar perigoso.
Unha vez recibida a información, desde o 112 Galicia deron traslado da mesma á Policía Autonómica e aos voluntarios de Protección Civil de Fisterra, que xa traballaban no lugar.
Os axentes da Garda Civil coordinan o operativo desde o faro de Fisterra.
Localizan a mochila
Durante esta mañá un veciño de Fisterra localizou a mochila da menor mentres paseaba pola praia de Mar de Fóra. Segundo informan fontes da Guardia Civil, no seu interior atopábase a documentación de Adriana, pero nin rastro do seu teléfono móbil.
Dende a Guardia Civil informaron ademais que esta tarde incorporarase ao dispositivo de búsqueda de Seguridade Ciudadana, que segue na zona, o Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS).
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro


