Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Reivindican cunha andaina o remate da autovía da Costa da Morte

Os participantes percorreron a pé o traxecto entre Berdoias e Cee

Participantes na andaina para reivindicar o remate da autovía

Participantes na andaina para reivindicar o remate da autovía / BNG

Cee

Varias ducias de persoas participaron este sábado na Andaina da Dignidade convocada polo BNG para reivindicar o remate da autovía da Costa da Morte. Os manifestantes desafiaron a choiva e percorreron os 16 quilómetros que separan Berdoias (Vimianzo) de Cee para demandar á Xunta un «compromiso firme coa ampliación da autovía AG-55».

A andaina contou coa presenza do deputado Oscar Insua; os alcaldes de Corcubión e Zas, e a rexedora de Fisterra. Tamén participaron o responsable comarcal do BNG, Xurxo Rodríguez, e concelleiros nacionalistas de varios municipios.

Tracking Pixel Contents