LITERATURA
'O Poeta da Terra', primeiro libro infantil adicado a Enrique Labarta Pose
A obra pretende continuar coa difusión da vida e obra do escritor e xornalista de Baio

Tania Carreira, esquerda, Jorge Mira, Manuel Muíño, Enrique Mauricio e Carlos Taboada / C. Z.
O auditorio de Baio acolleu a presentación do libro O Poeta da Terra, a primeira obra infantil sobre Enrique Labarta Pose e a cuarta editada polo Concello de Zas. O libro forma parte da colección de literatura infantill sobre personaxes galegos de Lela Edicións.
O Poeta da Terra nace co obxectivo de continuar coa difusión da vida e obra de Enrique Labarta Pose que, nesta ocasión, se centra no público máis novo. De aí que sexa un libro moi vistoso, acompañado das ilustracións de Tania Solla. “Este libro forma parte dun proxecto no que está implicada toda a Corporación Municipal e queremos poñer en valor a figura do escritor baiés” sinalou Manuel Muíño, alcalde de Zas.
No acto, presentado por Tania Carreira, técnica do Concello de Zas, tamén interviron os autores: Enrique Mauricio e Carlos Taboada, e Jorge Mira, en calidade de presidente da Comisión Enrique Labarta Pose.
Enrique Mauricio e Carlos Taboada déronlle os parabéns ao Concello de Zas pola “súa aposta pola cultura” e destacaron a importancia que tivo Enrique Labarta Pose así como as súas pegadas. “Foi unha persoa querida e á que todos nos gustaría coñecer”, sinalaron.
Pola súa banda, Jorge Mira destacou a gran cantidade de actividades que se realizan para reivindicar a figura de Labarta. Subliñou que este libro é unha acción de “gran calidade e de gran proxección” xa que se Enrique Labarta Pose consegue o seu propio Día das Letras Galegas chegará ás mans de centos de nenos e nenas a través do cal coñecerán o autor e o lugar onde naceu".
O Concello de Zas enviará nos vindeiros días dous exemplares a cada centro de ensino da Costa da Morte.
Día das Letras Galegas
“As cousas van acabar ben”, dixo o alcalde de Zas en referencia a que Labarta teña o seu propio Día das Letras Galegas. De feito, por primeira vez, foi candidato para o 2024, ainda que finalmente a Real Academia Galega acordou adicarllo ás Cantareiras e a poesía popular. “Zas é terra de cantareiras polo que dende aquí aproveitamos a ocasión para ofrecer a nosa colaboración na organización dos actos que realice a Real Academia Galega ao redor desta figura”, sinalou o rexedor.
Recordou tamén que dende o Concello, xunto coa Comisión e outras persoas que investigan a Labarta, están a traballar nos actos da conmemoración do centenario do seu nacemento, que será o 13 de maio de 2025.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas



