A Pobra, Boiro e Rianxo lanzan un programa de emprego para formar a quince mozos en mantemento de sistemas informáticos
Os alcaldes dos tres concellos e a delegada da Xunta inauguraron este luns o obradoiro 'Xuventude I'

Os alcaldes de Rianxo, Boiro e A Pobra, xunto á delegada da Xunta e os alumnos participantes no obradoiro de emprego / Cedida

Os Concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo desenvolverán nos vindeiros doce meses o obradoiro Xuventude I, un programa de emprego para mozos que desenvolven os tres concellos do Barbanza de forma conxunta.
Os alcaldes dos tres concellos, José Carlos Vidal, José Ramón Romero e Julián Bustelo, xunto coa delegada da Xunta, Belén do Campo, e o director territorial de emprego da Coruña, Juan José Couce, presentaron este luns o programa dun obradoiro centrado en operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas informáticos.

Os alcaldes dos tres concellos e Belén do Campo na presentación do obradoiro de emprego 'Xuventude I' / Xunta de Galicia
Durante a inauguración, a delegada territorial quixo poñer en valor o papel destes talleres na formación teórico-práctica para mellorar a empregabilidade das persoas participantes á vez que contribúen a mellorar servizos para os concellos. Estas iniciativas, financiadas pola Xunta, serven para reforzar a colaboración institucional do Goberno galego e as entidades locais, e neste sentido, Belén do Campo recordou que en Boiro está a punto de finalizar outro taller de emprego dual e que comezará un novo a finais deste ano.
No caso do obradoiro Xuventude I conta cunha aportación de case 410.000 euros para o seu funcionamento e beneficia a un total de 15 mozos, que terán a oportunidade de formarse nunha especialidade innovadora que lles abre as portas a un emprego máis especializado.
A quincena de estudantes participantes neste taller levarán a cabo traballos de montaxe de equipos informáticos, operacións auxiliares de mantemento de sistemas informáticos e realizarán operacións auxiliares con tecnoloxías de información e comunicación.
Neste obradoiro de formación a representante do Goberno subliñou que, a maiores de formarse e realizar un traballo de interese público remunerado, estas persoas obterán un certificado de profesionalidad e, unha vez completen a súa formación, terán a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión

