Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cobre San Rafael buscará empregados este mércores na Feira de Ordes

A oferta de emprego é de 400 postos de traballos con oportunidades en minería, xestión ambiental ou administración

Traballos de restauración no 2022 de Cobre San Rafael da antiga explotación mineira en Touro

Traballos de restauración no 2022 de Cobre San Rafael da antiga explotación mineira en Touro / San Rafael

Ordes

A empresa Cobre San Rafael, promotora do proxecto de reactivación da mina de Touro-O Pino, continúa coa súa campaña de recrutamento achegando información directa sobre as súas ofertas de emprego ás feiras locais. Este mércores, 30 de outubro, a furgoneta da compañía estará presente na Feira de Ordes, onde se proporcionará información detallada sobre as vacantes dispoñibles.

A oferta de emprego é de 400 postos de traballo directos, estables e a tempo completo, en diversas áreas, como operacións mineiras, mantemento industrial, xestión ambiental, seguridade e saúde laboral, e administración. A iniciativa ten como obxectivo captar tanto profesionais cualificados como persoas sen experiencia previa, para reforzar así o tecido socioeconómico das comarcas veciñas.

Neste sentido, un dos compromisos da empresa é dar prioridade na contratación aos residentes das comarcas limítrofes coa mina, garantindo así que o impacto positivo do proxecto se sinta, en primeiro lugar, entre os veciños. Ademais, impulsaranse iniciativas para a formación continua, o que permitirá que tanto empregados como persoas que queiran entrar no sector adquiran as competencias necesarias para desenvolver o seu traballo con seguridade e eficiencia.

Tracking Pixel Contents