ARQUITECTURA
Como Porto do Son converteu o seu bordo portuario en referente en Europa
O proxecto, dos estudios Creus e Carrasco e RV Arquitectos, foi premiado en Barcelona

Aspecto da renovada fachada marítima de Porto do Son / Luis Diaz
O proxecto de mellora da praia e reurbanización do bordo portuario de Porto do Son, obra dos estudios galegos Creus e Carrasco (da Coruña) e RVR Arquitectos (de Santiago) e promovida por Portos de Galicia, a Consellería do Mar e o Concello Porto do Son, recibiu o Premio Europeo del Espacio Público Urbano 2024 na categoría de frontes marítimas, galardóns convocados polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona.
Esta categoría incorporouse nesta edición ao certame para poñer en valor o papel das cidades costeiras fronte aos fenómenos climáticos extremos.

Juan Creus, esquerda, e Marcial Rodríguez, recibindo o premio en Barcelona / Cedida
O xurado internacional destacou a dobre finalidade da obra de «renaturalizar o paseo marítimo con dunas que protexen un parque existente e reconstruír a relación entre as actividades portuarias e a comunidade local». Sinalou que o proxecto soluciona a mala convivencia existente entre as actividades portuarias e urbanas de Porto do Son e favorece o contacto directo entre a cidade e o mar. Neste senso, valorou positivamente a atrevida e mesmo radical decisión do proxecto de preservar a antiga muralla que protexe a cidade dun mar especialmente axitado, situando as novas instalacións no reverso, as cales aportarán nova vida urbana a un espazo que antes estaba reservado exclusivamente ás instalacións portuarias.

Pasarelas no bordo portuario de Porto do Son / RVR Arquitectos
Os membros do xurado aplaudiron especialmente o feito de que o proxecto demostre unha profunda comprensión dos problemas que aborda, mesmo a necesidade de protexer e integrar a arquitectura e as defensas fronte ao mar; a urxencia de garantir o acceso á auga para todos os membros da comunidade conectando ao máximo esta experiencia co tecido urbano; a necesidade de dotar de infraestruturas que melloren o uso do paseo marítimo por parte dos peóns, e a importancia de salvagardar e restaurar os sistemas naturais nunha situación de urbanización e cambio climático. O xurado considerou que este enfoque xestiónase con «honestidade, coidado e experiencia arquitectónica exhaustiva», dando como resultado un deseño que responde ás necesidades urbanas e é respectuoso cos sistemas naturais.

Borde marítimo de Porto do Son / Luis Diaz
Ademais do proxecto de Porto do Son, o xurado concedeu o Premio Europeo del Espacio Público Urbano 2024 na categoría xeral ao parque na Colina del Levantamiento de Varsovia, obra dos estudios topoScape e Archigrest.
Suscríbete para seguir leyendo
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
