Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O alcalde de Noia, Santiago Freire, novo presidente da ARD Ría da Estrela

O edil compaxinará o cargo coa presidencia da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia

Pola esquerda, Santiago Freire, Teresa Villaverde, Luis Oujo e Manuel González, xunto a María Lago no ordenador

Pola esquerda, Santiago Freire, Teresa Villaverde, Luis Oujo e Manuel González, xunto a María Lago no ordenador / Cedida

Lousame

A Asociación Rural de Desenvolvemento Ría da Estrela celebrou este xoves unha asemblea xeral ordinaria no concello de Lousame para elixir á nova xunta directiva. Ao procedemento presentouse unha candidatura única e de consenso por parte dos cinco concellos integrados na ARD (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) e dos distintos partidos políticos representados (PP, PSOE, BNG e Compromiso por Outes).

A candidatura está encabezada polo alcalde de Noia, Santiago Freire, quen sucederá a Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, como presidente da ARD Ría da Estrela. Deste xeito, Freire compaxinará tamén a presidencia da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia, mantendose a tradición de que unha mesma persoa asuma a presidencia de ambas entidades para facilitar a coordinación e o establecemento de sinerxias entre elas.

O novo presidente da ARC quixo agradecer a labor da súa predecesora, destacando que "estivo todos estes anos facendo un gran labor e marcando unha liña de traballo fiable e de éxito á que agardamos dar continuidade para seguir crecendo como xeodestino, pero sempre centrados no noso valor fundamental, na nosa esencia, que é a Ría da Estrela, a nosa gran fortaleza e o que nos diferencia doutras propostas".

Á marxe de Santiago Freire, a nova xunta directiva da ARD Ría da Estrela estará composta por María Lago, alcaldesa de Muros, que exercerá como vicepresidenta; Luis Oujo, alcalde de Porto do Son, como tesoureiro; Manuel González, alcalde de outes, como secretario; e Teresa Villaverde como vogal.

Tracking Pixel Contents