O único albergue da comarca de Muros-Noia inaugúrase en marzo
Ten 25 prazas e ubícase na antiga fábrica de curtidos da Chaínza

O alcalde, Santiago Freire, nas instalacións do novo albergue turístico da Chaínza / Cedida
A primeira fase da rehabilitación das ruínas do complexo da antiga fábrica de curtidos da Chaínza (Noia), consistente na habilitación dun albergue turístico, xa rematou. Será o único da comarca de Muros-Noia (hai un en Lousame, pero leva tempo fóra de servizo) e oferta 25 prazas.
As liteiras están repartidas en sete habitacións (unha delas adaptada para persoas con discapacidade).

Liteiras dunha das habitacións do albergue / Cedida
A actuación foi financiada polo GDR 25, Agader, a Deputación coruñesa e o Concello con 479.000 €. O albergue entrará en servizo a mediados de marzo de 2025 e estará operativo ata mediados de setembro. O resto do ano abrirase en función da demanda das entidades locais para participantes en campionatos, intercambios, etc.
A segunda fase, para habilitar un centro de día(1,3 millóns) e a Factoría da Mocidade (490.000 euros), iniciarase o vindeiro ano.

Dependencias do albergue / Cedida
Suscríbete para seguir leyendo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados