Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AUTOMÓBIL

Arrinca en Baio a ‘Semana tola’ de Feirauto con coches seminovos

Cada comprador será agasallado cun cheque de 200 euros para combustible

A 'Semana tola' de Feirauto continúa ata o vindeiro domingo

A 'Semana tola' de Feirauto continúa ata o vindeiro domingo / Feirauto

Zas

A 54 edición de Feirauto, de Baio, arrincou este luns baixo o lema Semana tola, na que se ofertan vehículos seminovos de todas as gamas: SUV, industriais, familiares e deportivos.

Feirauto é unha das feiras de coches de segunda man máis antigas de toda Galicia. Nesta ocasión, a feira ten formato de xornadas de portas abertas en Talleres J. Lema, Automóviles Celmar e Talleres M. Montes.

Ademais da variedade, dende a organización subliñan que as persoas que acudan a Feiratuo atoparán «os mellores prezos do momento» e todos os vehículos «cen por cen garantidos e listos para a súa entrega inmediata». Todos os vehículos que se compren durante a Semana tola de Feirauto levarán un cheque de 200 euros de regalo para combustible.

Manuel Martínez, un dos organizadores, asegura que nesta primeira xornada «xa se viu algo de movemento, xente que non é a habitual nos nosos talleres, e tamén se concretou algunha operación, polo que o comezo da semana é positivo e demostra que a publicidade chegou á xente».

Respecto á oferta, subliña que «temos moitos e bos coches» e, sobre todo, «dos modelos que maioritariamente busca a xente actualmente». A gran maioría son «vehículos de menos de seis anos, que é o que se vende hoxe en día», explica.

Tracking Pixel Contents