Boiro inicia a selección de persoal docente para o obradoiro de emprego medioambiental
O taller formará a 20 alumnos en instalación de elementos de carpintería e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

Fachada do consistorio boirense / Suso Souto
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do equipo docente e directivo do Obradoiro de Emprego Medioambiental Torre Goiáns IV. O obradoiro terá unha duración de 9 meses nos que se van formar a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de instalación de elementos de carpintería e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.
Vanse realizar procesos selectivos para a contratación dun mestre para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas; un mestre para a especialidade de instalación de elementos de carpintería; e un técnico medio forestal.
As actuacións que se van desenvolver no marco deste programa formativo son tarefas de conservación e valorización do Camiño A Orixe; cerramentos no Pazo de Goiáns; mellora e sinalización e pasarelas do Camiño A Orixe; consolidación de frondosas en diversos puntos; ou mellora das faixas secundarias de incendios.
As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos comúns como son os de ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público; non padecer enfermidade ou defeco físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións; non ter sido desapedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública; non incorrer en causa de incompatibilidade.
Ademais destes requisitos, no caso dos mestres deberán contar co nivel de recoñecemento en lingua galega Celga 4, permiso de conducir B e estar en posesión de título de grao universitario ou equivalente e Certificado Profesional de habilitación para a docencia. O técnico/a forestal deberá contar co nivel de recoñecemento en lingua galega Celga 4, titulación de ciclo formativo de grao medio en aproveitamento e conservación do medio natural e permiso de conducir B.
As persoas que desexen participar na presente convocatoria deberán presenta as súas instancias nun prazo de 10 día hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. As bases dos procesos e toda a información está dispoñible na web municipal.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión