Unha viaxe de Centroamérica a Vedra a través da agricultura
O proxecto de cooperación Mulleres Bravas trae cada ano a Galicia a varias mulleres labregas dende Honduras

A labrega hondureña Nancy Escalante, durante a súa visita a Galicia como parte do programa Mulleres Bravas / Cedida
Pouco ou nada teñen a ver, a priori, a comunidade agrícola de Huatales Abajo, no municipio de El Corpus, en Honduras, e as hortas do concello de Vedra. Ambos os dous lugares presentan unhas realidades sociais, xeográficas ou económicas moi diferentes, pero están tamén unidos por unhas dinámicas de escala global. Así o pon de manifesto a visita a Galicia da labrega hondureña Nancy Yaneth Escalante como parte do ciclo Mulleres Bravas, que impulsan as asociacións Enxeñería sen Fronteiras e Amigas da Terra coa financiación de Cooperación Galega.
Intercambio de experiencias
Con motivo deste programa, mulleres activistas centroamericanas teñen chegado ata Galicia para dar a coñecer de primeira man os impactos sobre as persoas e o medio ambiente de diferentes proxectos extractivos, así como para intercambiar experiencias e coñecementos con xente do rural do outro lado do Océano Atlántico. No medio destes contrastes tamén emerxen as semellanzas.
Efectos do cambio climático
«Aquí también afecta el cambio climático», responde Escalante, dende Vedra, ás preguntas sobre os parecidos do interior de Galicia coa súa terra de orixe, na que os cambios no limiar de precipitacións e as alteracións das temperaturas máximas e mínimas provocan importantes efectos nas colleitas. «Hay bastante diferencia, pero hay algunas similitudes, porque he conocido mujeres que han luchado en contra de la minería aquí en Galicia», engade ao respecto a labrega hondureña, que ao longo das últimas semanas ten percorrido as catro provincias galegas para achegarse ata varias explotacións agrícolas e gandeiras.
Intensa axenda de actividades
Granxas apícolas, explotacións en intensivo de vacún de carne e de leite, mercados de proximidade e plantacións ecolóxicas formaron parte dunha intensa axenda de visitas que se prolongará aínda unha semana máis e na que houbo tempo para outras actividades, como encontros con outras activistas e charlas sobre ecoloxismo, defensa do territorio ou soberanía alimentaria.
Retorno con novos coñecemento
Esta visita a Galicia, entre convivencias e xornadas de traballo, ten servido tamén para a adquisición duns coñecementos para o cultivo de certos alimentos -como as cebolas- que a labrega asegura que porá en práctica no seu retorno a Honduras.

Nancy Escalante coñecendo de primeira man novas técnicas agrícolas / Cedida
«Sobre todo, me llevo la atención que me han prestado», agradece Escalante, quen, ademais de labrega, exerce na súa comunidade como delegada municipal para a prevención da violencia de xénero, como líder dun grupo de protección ambiental e como xestora dunha caixa comunitaria que financia as actividades do grupo local de agricultoras. Unha serie de tarefas para as que ten recibido formación específica da man de diversos proxectos de cooperación.
Mulleres Bravas é un proxecto que Enxeñería sen Fronteiras e Amigas da Terra manteñen activo dende 2019 e do que xa van tres edicións, que teñen propiciado preto dunha decena de visitas a Galicia de mulleres hondureñas para desenvolver unha axenda de actividades e visitas semellante á de Nancy Yaneth Escalante.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Un incendio en un edificio de Pontepedriña atrapa a uno de sus vecinos: los bomberos trabajan en el lugar
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque
