Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Comezan as obras do aparcadoiro na alameda de Sigüeiro

Ofrecerá máis de oitenta prazas de estacionamento nunha superficie de case tres mil metros cadrados

Traballos na zona da alameda de Góis, en Sigüeiro, onde se ubicará o novo aparcadoiro

Traballos na zona da alameda de Góis, en Sigüeiro, onde se ubicará o novo aparcadoiro / Concello de Oroso

O espazo da alameda de Góis, no núcleo urbano de Sigüeiro, no concello de Oroso, atópase xa en obras con motivo do aparcadoiro disuasorio que está previsto construír na zona para contribuír a mellorar a mobilidade neste termo municipal.

Trátase dunha intervención financiada pola Xunta de Galicia, que aporta os 54.000 euros dun proxecto que, segundo fontes municipais, procura ofrecer «unha solución cómoda para aparcar e compartir vehículo» e que contará, nunha superficie superior aos 3.000 metros cadrados, con máis de oitenta prazas de estacionamento, das cales dúas estarán reservadas para persoas con mobilidade reducida e outras catorce para motos.

Ademais, levaranse a cabo traballos de mellora do firme, urbanización, instalación de bordos, marcado das vías e sinalización vertical para un uso ordenado e seguro do espazo, coa previsión de que poida estar dispoñible antes de finais deste ano.

Tracking Pixel Contents