Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mazaricos iniciará o luns 25 a súa Semana Gandeira

Inclúe mostra de maquinaria e servizos, poxa de gando frisón e certames de fotos e de postres lácteos

Imaxe que ilustra o cartel da Semana Gandeira de Mazaricos.

Imaxe que ilustra o cartel da Semana Gandeira de Mazaricos. / Cedida

Mazaricos

Mazaricos, capital leiteira de Galicia (é o primeiro municipio produtor lácteo galego, con 137 millóns de litros de leite producidos en 2023) acolle do 25 de novembro ao 1 de decembro unha nova edición da Semana Gandeira.

O mércores 27 de novembro as nenas e os nenos dos colexios visitarán en Vimianzo unha fábrica de penso e a gandería Os Loureiros, unha explotación que destaca pola innovación tecnolóxica.

O venres 29 visitarán A Casa Grande de Xanceda, unha importante explotación e fábrica de produtos lácteos ecolóxicos no municipio de Mesía. Ademais, as nenas e nenos poderán participar nun concurso de debuxo.

Durante a fin de semana, o recinto feiral da Picota acollerá a exposición de maquinaria agraria e de servizos.

O sábado 30 terá lugar unha mesa redonda virtual sobre a situación e perspectivas de futuro do sector lácteo. Dende o mediodía celebrarase a tradicional Gran Sesión Vermúuuuu, con DJ Rokiño. O domingo 1 de decembro celebrarase a tradicional poxa de gando frisón. A programación inclúe tamén concursos de fotografía gandeira e de postres lácteos (os premios consistirán en ceas, pero poderanse cambiar por vales de compra de 25 € por persoa).

Tracking Pixel Contents