O plan de emprego da Laracha logrou que 54 persoas atopasen un traballo
Outras 46 melloraron a súa empregabilidade ampliando a formación, enfocada no deseño dun perfil profesional adaptado a cada participante

Autoridades e participantes no programa durante o acto de clausura na Laracha. / Cedida
O Programa Integrado de Emprego que se desenvolveu na Laracha baixo a organización do Concello e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concluíu deixando un balance de 54 participantes que accederon a un posto de traballo -dos cales 46 lograron a inserción laboral a día de hoxe- e outros 46 melloraron a súa empregabilidade ampliando a formación e as competencias profesionais. Deste xeito superouse o propósito de inserción laboral inicialmente previsto, fixado no 41%.
A concelleira de Emprego, Rocío López, e o director territorial de Emprego, Juan José Couce Prego, presidiron o acto de clausura e entregaron aos participantes os diplomas que certifican a asistencia e aproveitamento da formación completada a través deste plan.
Rocío López subliñou ademais que foron tramitadas máis de 500 ofertas de emprego individualizadas. Animou aos cen participantes a aproveitar no futuro os coñecementos e experiencias adquiridas, apuntando que «o emprego e a formación son unha prioridade para o Concello». Tamén agradeceu a colaboración da Xunta, xa que «sen ela sería imposible organizar este tipo de programas».
Juan José Couce afirmou que o Programa Integrado de Emprego é froito do traballo conxunto das administracións e pon de manifesto «o compromiso da Xunta coa promoción do emprego». Tamén aplaudiu «superar os obxectivos de inserción», que considera é «unha parte fundamental», e puxo en valor que os participantes obteñan un certificado profesional que lles abrirá «moitas portas para que poidan conseguir un emprego estable e de calidade».
O programa foi dirixido a cen laracheses demandantes de emprego. O obxectivo era facilitar a súa inserción laboral por medio dun conxunto de accións organizadas ao redor dun proceso individualizado dirixido ao crecemento persoal e profesional a través de accións de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas en empresas e prospección e intermediación laboral. Todas as accións desenvolvidas enfocáronse no deseño dun perfil profesional adaptado ás necesidades de cada participante e definindo os seus obxectivos laborais.
Os cen participantes beneficiáronse das medidas de axuda á conciliación que puxo á súa disposición o Concello da Laracha. Ademais, pola asistencia a cada acción formativa do plan percibiron unha axuda económica diaria.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre