INICIATIVA
A Laracha escoita e atende as demandas dos nenos e adolescentes
O Concello creou un espazo de participación para dar cumprimento aos dereitos da infancia

Espazo de Participación de Nenos, Nenas e Adolescentes da Laracha / C. Laracha
A Corporación da Laracha uniuse a Unicef Comité Galicia mediante unha declaración institucional que, baixo o lema Somos infancia, defende que a consecución dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes é unha cuestión colectiva e de obrigado cumprimento, con desafíos que requiren respostas coordinadas e escaladas a nivel global, nacional, autonómico e local.
Nese texto o Concello comprométese coa promoción dun maior e máis eficiente investimento na infancia e a ter en conta as propias voces dos nenos, nenas e adolescentes para a toma de decisións no ámbito local das cuestións que lles afectan directamente.
Nese sentido, este mércores varios dos conselleiros do Espazo de Participación de Nenos, Nenas e Adolescentes da Laracha protagonizaron unha mobilización. Consistiu nunha reunión na que se expuxeron os logros do espazo de participación, os retos que quedan pendentes co obxectivo de poder reivindicalos e os compromisos que consideran deben asumir os responsables políticos para garantir o dereito á participación. Esta última cuestión foi expresada mediante os hashtags que protagonizan a cartelería elaborada para darlle unha maior visibilidade a esta actividade.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados

