Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Premian ao instituto de Baio por dous poemas musicados con intelixencia artificial

Alumnos de 4º da ESO recibiron o galardón no Festival de Cine OUFF Escola de Ourense

Os profesores Fina Paulos e Óscar Rey con dúas alumnas recibindo o premio en Ourense

Os profesores Fina Paulos e Óscar Rey con dúas alumnas recibindo o premio en Ourense / IES Baio

Zas

O IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas), acadou o terceiro premio do XV Festival de Cine OUFF Escola do Concello de Ourense na categoría de secundaria, co traballo A maxia da poesía nunha canción. Ao certame presentáronse máis de 100 traballos de centros educativos.

A creación do instituto baiés foi realizada polo alumnado de 4°da ESO do curso 2023-2024, baixo a coordinación dos profesores Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo. Puxeron música a dous poemas clásicos da literatura galega, facendo uso da intelixencia artificial (IA). Un dos poemas é Galicia, de Manuel María, e o outro Cando a luniña aparece, de Rosalía de Castro.

Dende o IES de Baio amosan a súa satisfacción porque os proxectos educativos trascenden máis aló do centro, e porque as propostas metodolóxicas novidosas motivan ao alumnado.

Tracking Pixel Contents