O Punto Limpo de Ames recibiu máis de tres toneladas de residuos da construción en outubro
Superáronse os mil pequenos aparatos eléctricos e electrónicos depositados

Exterior do Punto Limpo de Ames no polígono Novo Milladoiro / Concello de Ames
O Punto Limpo do Concello de Ames, ubicado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro, recibiu preto de mil entradas de residuos ao longo do mes de outubro, de acordo co balance de actividade que onte fixo público a corporación municipal.
Durante este mes, depositáronse máis de tres toneladas de residuos procedentes da construción, como formigón ou ladrillos, neste lugar; ademais de máis de 3.400 quilos de madeira, preto de 1.700 de metais e ata 1.125 pequenos aparatos eléctricos e electrónicos. Tamén destacan neste reporte a gran cantidade de plásticos vertida -superior aos 700 quilos- ou os 94 quilos de roupa entregados neste punto.
O Punto Limpo de Ames está operativo de luns a sábado en horario de mañá e tarde: dende as 9.00 ata as 15.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Así mesmo, o pasado mes de outubro tamén estivo activo o servizo do Punto Limpo móbil, un vehículo adaptado para recoller residuos domésticos e outros bens por diferentes lugares e parroquias do concello en horarios prefixados.
Este sistema está pensado para que toda a veciñanza do concello poida desfacerse de forma segura e controlada daqueles obxectos e materiais que non poden ser depositados nos colectores convencionais de materia orgánica, inorgánica, vidro ou papel.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Aterriza en O Eixo la primera Gran Festa Picheleira: 'Teremos dez horas de música sen parar, carpa e pulpeiro
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
