O CIS de Lalín estreará o luns os servizos de Cardioloxía e Pneumoloxía
Este centro sanitario atendeu máis de 35.000 consultas no mes e medio que leva en funcionamento

Visita do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ao novo centro de saúde de Lalín / Xunta de Galicia
As áreas de Cardioloxía e Pneumoloxía do novo Centro Integrado de Saúde (CIS) de Lalín estarán operativas a partir do vindeiro luns, segundo confirmou onte o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na súa visita ás instalacións mes e medio da súa posta en funcionamento.
Neste tempo, o edificio sanitario lalinense ten prestado máis de 35.000 asistencias, das cales 2.000 se corresponden co servizo de Pediatría e unhas 1.200 con actuacións de urxencia no punto de atención continuada (PAC). Este novo centro integra nun mesmo espazo atención primaria, urxencias e servizos hospitalarios; cunha carteira de servizos que inclúe áreas especializadas coma oftalmoloxía, psiquiatría, radiodiagnóstico ou traumatoloxía.
A Xunta de Galicia investiu máis de 13,5 millóns de euros na posta en servizo do CIS, coa colaboración do propio Concello de Lalín, que adaptou o terreo e os accesos ao mesmo. Así mesmo, a Fundación Andrea tamén participou na humanización da área de Pediatría, unha labor que onte foi agradecida polo conselleiro.
Durante a visita, Camaño valorou a implicación dos profesionais de atención primaria por ter levado a cabo un traslado ás novas dependencias «exemplar e sen incidencias»; á vez que trasladou que monitorizan a situación do centro para solucionar posibles incidencias de remate da obra e para analizar as propostas que cheguen para optimizar o seu funcionamento.
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Máxima alerta tras detectarse dos robos en Silleda como los de la ‘Banda del Volvo’
- Confirmado un retraso de al menos 45 días en la entrega del nuevo cuartel de la Guardia Civil de Santiago
- Premio al IES de Cacheiras: «Buscamos que el alumnado encuentre su sitio»
