Dous colexios de Área serán sedes dun museo virtual de arte contemporánea
O CEIP ordense Mesón do Vento e o CPI de Ponte Carreira, en Frades, son dous dos oito centros elixidos no programa da Fundación María José Jove para facilitar o acceso á cultura

Dous escolares facendo uso do material do museo virtual da Fundación María José Jove / Cedida
O CEIP Mesón do Vento, situado no concello de Ordes, e o CPI de Ponte Carreira, en Frades, son dous dos oito centros educativos seleccionados para formar parte dunha nova edición, a cuarta, do programa elaborado polo centro de arte da Fundación María José Jove para promover o acceso á cultura dende espazos rurais e fomentar tamén o sentido de pertenza ao territorio nestes lugares.
No colexio ordense hai na actualidade matriculados un total de 153 alumnos, divididos en catro aulas de Educación Infantil e seis de Educación Primaria, que serán durante un mes a sede dun museo virtual de arte contemporánea no que os estudantes poderán contemplar, a través dos medios tecnolóxicos aportados pola fundación, as obras da colección da entidade promotora.
O mesmo poderán facer os estudantes no CPI de Ponte Carreira, onde neste curso hai matriculados 137 cativos que, segundo destaca a fundación, participan de «múltiples xornadas de convivencia e contacto coa contorna». Ao igual que en todos os centros escollidos para participar no mencionado proxecto, neste colexio de Frades levaranse a cabo experiencias educativas para fomentar o interese e a motivación da rapazada en seguir aprendendo.
O artista plástico Misha Bies Golas será o encargado de desenvolver parte destas propostas xunto á área de Educación e Mediación da Fundación María José Jove.
Con esta iniciativa, a fundación procura eliminar os obstáculos de acceso para gozar de creacións artísticas que poden existir nas contornas rurais galegas, a través dun programa que abriu a convocatoria no pasado mes de setembro e que finalmente terminou seleccionando oito centros educativos: tres na provincia da Coruña, dous na de Pontevedra, outro par en Ourense e un só na provincia de Lugo.
Xunto aos dous xa mencionados, participarán nesta edición a Escola de Vixoi, en Bergondo; o CEIP Antía Cal Vázquez, en Muras; o CEIP San Marcos de Cartelle, o CEIP do Bolo; a Escola de Pousada, en Vilaboa; e o CEIP Nosa Señora das Dores, no concello de Forcarei.
As escolas participantes estarán conectadas a través dun caderno de bitácora dixital no que se irán relatando as experiencias de cada centro e que servirá para, ao remate do programa, crear unha publicación final que dea conta dos seus resultados.
A Fundación María José Jove constituíuse no ano 2003 en memoria da persoa que lle dá nome para dar continuidade ao seu importante traballo en prol dos colectivos sociais máis desfavorecidos, con especial atención á infancia.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo

