A poxa de gando frisón pecha este domingo a Semana Gandeira de Mazaricos
A torta de queixo con mel e decoración de noces de Xiana Fernández Silva gañou o primeiro premio do concurso de postres lácteos

A Semana Gandeira de Mazaricos inclúe unha poxa de gando frisón. / Cedida
Mazaricos pecha este domingo a Semana Gandeira coa gran poxa de gando frisón Memorial José Moreira, que ten lugar dende as once da mañá no recinto feiral da Picota.
Trátase dunha cita na que se acadan sempre grandes cifras de negocio e onde se venden exemplares de raza vacúa de excelente calidade. Na poxa estarán presentes tanto o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, como a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez. Un ano máis, sortearanse máis de 2.000 euros en premios entre todas as persoas asistentes.
Na xornada deste sábado, malia que o tempo non acompañou, o recinto feiral da Picota acolleu un bo número de actividades ás que se achegaron ducias de persoas. Dende o mediodía a gran Sesión Vermuuuuu foi amenizada por DJ Rokiño.
Dende as 13.00 horas emitiuse en directo o programa A vivir las rías de Cadena SER dende o recinto feiral, conducido pola xornalista mazaricá Mayte González.
No programa avaliouse a situación do sector lácteo e puxéronse en valor as posibilidades gandeiras e turísticas de Mazaricos. Interviñeron o alcalde, Juan Blanco, Xoán Ramón Alvite, da organización da Semana Gandeira, e David Carreira, do Asador Manduca. Tamén participaron no programa Juan Velo, de Farming Agrícola, Xusto Mourín, de Africor e José Louro, de E.Nova Enerxía.
Pola tarde entregáronse os premios dos concursos desta edición, tanto o de fotografía como o de postres lácteos. Neste último avaliábanse receitas que contivesen leite como un dos ingredientes principais. Un ano máis a creatividade foi a norma xeral entre as sobremesas a concurso, con pratos variados onde o leite se fundía con todo tipo de produtos do país.
Foron premiados a torta de queixo con mel e decoración de noces de Xiana Fernández Silva (1º premio), a torta Saint-Honoré recuberta de nata de Carmen Candal (2º premio) e o biscoflán de Uxío Riveiro (3º premio).

O alcalde, Juan José Blanco, cos gañadores do concurso de postres lácteos. / Cedida
En canto ao concurso de fotografía, o xurado escolleu as presentadas por Raquel Rial García (primeiro premio), Iván Castro Ordoñez (segundo) e Raúl Formoso Lago (terceiro).
Do mesmo modo, e a través de votación en redes sociais, recaeu un premio especial sobre a fotografía de Bruno Calvo Barreiro. O xurado valorou especialmente a diversidade das imaxes e a representatividade da realidade dos traballos agrícolas e gandeiros, así como distintos aspectos do mundo rural e a súa relación coa natureza.

O alcalde, Juan José Blanco, cos gañadores do concurso de fotografía. / Cedida
Os tres primeiros premios de ambos concursos consistían nunha cea para seis persoas (1º premio), outra para catro persoas (2º premio) e unha terceira para dúas persoas (2º premio). Todos os premios son intercambiables por vales de compra no comercio local (a razón de 25 euros por persoa). O premio especial para a foto máis votada en redes sociais é unha cea para catro persoas, que tamén pode trocarse por vales de compra segundo o mesmo sistema.
A tarde amenizouse con actividades para toda a familia nas que gozaron especialmente as pequenas e os pequenos da casa. Tivo grande éxito o obradoiro de elaboración de queixos onde puideron expresar a súa creatividade. Tamén houbo xogo da chave, carreiras de zancos ou pinta caras, entre outras actividades.
O público tamén puido achegarse a coñecer mellor a nosa cultura material tradicional a través dunha mostra de arte de trenzado en palla da man da asociación Trenzarte.
A Semana Gandeira de Mazaricos está organizada polo Concello, Gandeiros de Mazaricos e Africor coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, así como o patrocinio de Abanca.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson