Encontros informativos coa veciñanza nas parroquias de Boqueixón
O Goberno municipal fará reunións abertas cos residentes de varios lugares do Concello

Reunión informativa do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, coa veciñanza da parroquia de Sergude / Concello de Boqueixón
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e varios membros do seu equipo de goberno teñen pensado participar ao longo dos vindeiros meses en diversas reunións informativos coa veciñanza de varias parroquias do concello. Trátase dunha serie de conversas abertas coa cidadanía que xorden despois do «éxito» que fontes municipais din que tiveron as xa organizadas en lugares coma Lamas, Loureda, Sergude ou Vigo por mor da organización dos traballos de concentración parcelaria, que acabaron sendo aproveitadas para abordar máis asuntos.
Así pois, este luns ás 20.30 horas, terá lugar a primeira desta nova quenda cos residentes en Gastrar; para despois achegarse, nesta orde, ata A Granxa, Ledesma, Boqueixón, Lestedo, Oural, Pousada, Codeso, Donas e Sucira. Estas reunións informativas prolongaranse ata finais do próximo mes de febreiro.
Todos os encontros son de participación totalmente libre e non se require de inscrición previa. A intención do alcalde e do resto do seu goberno é facer unha exposición sobre a actualidade a nivel municipal e incorporar diferentes temas de interese, coma o plan xeral de urbanismo, as obras de saneamento dalgúns lugares, a nova campaña de compostaxe, as concentracións parcelarias, obras en execución, a numeración dixital dos inmboles ou presentar un novo proxecto de luminarias.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
