Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FORMACIÓN

A Intelixencia Artificial aporta outro premio ao instituto de Baio

Alumnos da ESO gañan a certame ‘Una Constitución para todos’

Estudantes de 3º da ESO que desenvolveron o proxecto gañador

Estudantes de 3º da ESO que desenvolveron o proxecto gañador / Cedida

Zas

O IES Maximino Romero de Lema, de Zas, celebra con orgullo o éxito dos seus alumnos de 3º de ESO Alfonso, Ángela, Sara, Sabela, Manuel, Leticia, Nuria, Olalla, Joel e Artsiom, gañadores do concurso nacional Una Constitución para todos, organizado polo Ministerio de Educación e FP.

O proxecto, titulado A Constitución: unha ferramenta útil para todos, destacou pola súa creatividade e o uso de tecnoloxías innovadoras na materia de Educación Dixital coa coordinación dos profesores Óscar Rey e Fina Paulos.

Os estudantes baieses combinaron no seu traballo a historia, a ética e a tecnoloxía para dar vida a grandes figuras da nosa tradición democrática, como Rafael Altamira, Clara Campoamor, Victoria Kent, Pablo Iglesias, Concepción Arenal, Francisco de Vitoria e Miguel de Cervantes. Asociaron estas personalidades con artigos da Constitución Española, contextualizando os seus valores e mensaxes coa actualidade.

O proxecto incluíu a creación de Deep stories mediante Intelixencia Artificial (IA), empregada para recrear as voces e discursos das figuras históricas, cunha narración complementada pola emisora de radio do centro.

Desta forma, «afondouse na idea dunha IA ao servizo da educación e dos valores éticos, promovendo un uso responsable e innovador desta tecnoloxía», sinalan os profesores coordinadores do proxecto. O premio, que recoñece a excelencia educativa, inclúe material tecnolóxico para o centro «e supón un impulso para seguir traballando na formación integral do alumnado», afirman.

Tracking Pixel Contents