NADAL
Un calendario cos sabores e o saber de 12 chefs de Carballo
O almanaque incorpora unha receita para cada mes e pódense descargar cun QR

Pola esquerda, Felípez, Pacoret, Ramos, Ferrero, Iglesias e Giaquinto presentando o calendario / C. C.
A gastronomía e o talento local na cociña son os protagonistas do calendario do Concello de Carballo para o 2025. Doce cociñeiros e cociñeiras propoñen a través das páxinas do almanaque outras tantas elaboracións, unha para cada mes do ano.
Solombo con cogomelos, salpicón de centola, polbo á grella con puré de patacas, berberechos ao allo ou pesto de pistacho son algunhas das receitas que poñen a disposición de toda a veciñanza. Algunhas con máis dificultade, outras con menos, pero todas pensadas para que calquiera poida poñerse diante dos fogóns e converterse nun auténtico chef. Para facelo aínda máis fácil, os usuarios atoparán na contraportada do calendario un código QR que permite descargar o receitario completo.
Iso é posible grazas a que Nacho Novoa Cousillas, David Fariña Varela, Carmen Bello Pallas, Juan Carlos Lage Varela, Chisco Ramos Varela, Adrián Felípez Agrelo, Pablo Iglesias Pérez, María José Seoane Moreira, Miguel Giaquinto Arán, Xusto Posse Rodríguez, Sergio Recarey García e Rocío Martínez Rodríguez, brindáronse a compartir con todos e todas a súa experiencia no mundo da cociña.
Algúns deles participaron na presentación xunto co alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret. O calendario xa está a disposición de toda a veciñanza de Carballo, de balde e ata fin de existencias, en tres edificios municipais: casa do concello, Biblioteca Rego da Balsa e Museo de Bergantiños.
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas
- La expropiación de terrenos para construir 3.609 viviendas en el Ensanche Norte de Santiago llegará a un máximo de 12 euros el metro cuadrado
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- La panadería con una de las tartas de queso más queridas de Santiago: 'Nacimos con ella y moriremos con ella
- Cortes por las obras de la autovía Santiago-A Estrada en la AC-241 de Teo durante dos semanas y media
- Santiago pondrá una pantalla gigante para ver a España en el Mundial
- Vuelve el cine al aire libre a la Alameda de Santiago con votación para elegir las películas

