A Baña avanza na construción do parque empresarial de Eiroa
O Concello avanza que os resultados do estudo de viabilidade técnica, económica e xurídica se coñecerán no primeiro trimestre de 2025

Reunión entre o Concello da Baña, SEA e empresarios para supervisar o estado do parque empresarial de Eiroa / Cedida
Os resultados do estudo de viabilidade técnica, económica e xurídica do proxecto para o desenvolvemento dun polígono industrial no lugar de Eiroa, no Concello da Baña, daranse a coñecer no primeiro trimestre do vindeiro ano 2025, segundo revelaron onte fontes municipais.
O alcalde deste municipio, José Antonio Pereira, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Jesús Manuel Pena; mantivo onte un encontro coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, para abordar o estado deste proxecto, que xulgou «clave para atraer investimento, xerar emprego e potenciar o tecido económico da comarca». Nesta xuntanza tamén participaron varios empresarios interesados en instalar os seus negocios no futuro parque.
Trátase dun proxecto que prevé a urbanización de aproximadamente vinte hectáreas de terreo, dependente da aprobación dun plan xeral e dun plan parcial por parte do Goberno bañés, que confirmou xa ter adxudicado o estudo para proceder a estes trámites. Dito documento tamén analizará o custo do solo para garantir que se axusta ás necesidades das empresas interesadas en instalarse na zona.
Pola súa parte, a xerente de SEA destacou a «excelente localización» e as boas conexións de Eiroa como factores que avalan a viabilidade desta iniciativa.
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Ni un solo ladrillo: así es la espectacular Casa Caracola a una hora de Santiago que desafía la arquitectura
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Santiago arrasa en los Premios 'Próximos' de Arquitectura: estas son todas las obras distinguidas
- Héctor Galán y la plantilla ACB del Obradoiro: “Quintela, Barcello y Barrueta tienen contrato para el año”
- Los libros más difíciles de encontrar toman la Alameda de Santiago
- El inesperado detalle del nuevo mural de Touro que desconcierta en redes
