Premian o uso da lingua dun despacho de avogados e dunha empresa de tecidos de Ames
Os negocios seleccionados recibirán 1.500 euros e unha campaña publicitaria

Entrega da sétima edición do Premio Lingua e Empresa organizado polo Concello de Ames / Concello de Ames
A sétima edición do Premio Lingua e Empresa outorgado polo Concello de Ames aos negocios locais que fan un bo uso do galego no seu día a día proclamou como vencedores nas súas diferentes categorías ao despacho Lago Louro Avogados e ao establecemento Tecidos Tolemia, ambos os dous sitos na vila de Bertamiráns.
Na categoría de uso consolidado, na que concorren empresas que fan uso do galego dende hai máis de dous anos na súa actividade cotián, resultou vencedor, de entre 26 concursantes diferentes, o bufete Lago Louro Avogados, situado na avenida José Luis Azcárraga. Desta candidatura o xurado destaca «o seu labor decidido, coherente e comprometido a prol da normalización lingüística no eido da xustiza», un sector no que, advirte, faltan por darse moitos avances respecto do idioma.
Así, valoran o «impacto positivo» da súa actividade nun ámbito ateigado de «rutinas desgaleguizadoras motivadas, moitas veces, pola escaseza de recursos e ferramentas».
Por outra parte, na categoría de novas incorporacións ao uso da lingua, a gañadora, entre oito empresas amesás, foi Tecidos Tolemia, ubicada na avenida da Maía.
Neste caso, o xurado destaca a «actividade regular e implicada a prol da normalización lingüística nas relacións comerciais» por parte deste negocio, que, segundo engade, emprega a lingua como «elemento de marca e de imaxe dende o seu nacemento» cunha comunicación «moderna, coidada e desenfadada».
Ambos os dous establecementos premiados recibirán unha figura conmemorativa elaborada e deseñada pola firma amesá de artesanía Silvereira, un diploma acreditativo, 1.500 euros e unha campaña publicitaria na emisora de radio municipal.
Dende o xurado, formado por gañadores de anteriores edicións, representantes de consumidores e empresarios, e técnicos de normalización lingüística, destacan o «valioso labor» que todos os participantes fan «en favor do uso da lingua galega no ámbito socioeconómico».
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
