Carballo ‘revoluciona’ o Nadal cun parque Playmobil Medieval e unha área infantil con maquinaria 'de obra'
A zona de xogos inclúe tamén un circuíto de vehículos por radio control

Cativos xogando no espazo dedicado a materiais e maquinaria 'de obra' no parque infantil de Nadal de Carballo. / Cedida
O Nadal entrou este sábado nunha nova dimensión en Carballo. O programa Nadal Rebuldeiro ofrece aos nenos e nenas un espectacular parque de ocio no que a estrela é a área Playmobil Medieval (a partir de 4 anos), un espazo no que os cativos gozan dun universo de aventuras cos xogos de Playmobil de temática medieval, con oito mesas tematizadas, xoguetes das series City, Dino Rise, Regreso ao futuro ou Novelmore.
O Playmobil Júnior (para menores de 4 anos) ten 4 mesas tematizadas. Non menos solicitado está o recinto Rolly Toys, un universo de construción cheo de materiais e maquinaria de obra: bloques xigantes, camións de bombeiros, tractores, pas, carretas, remolques... Asimesmo, hai tres campos de golf infantil; un circuíto con oito vehículos de radio control; e dous espazos de xogo con gafas de realidade virtual (para maiores de oito anos).

Un neno xogando no espazo Rolly Toys do parque infantil de Nadal de Carballo. / Cedida
O acceso a este parque de xogos, situado nunha carpa instalada na praza consistorial, é de balde. Inaugurouse este sábado e estará aberto os días 15 e 21 deste mes, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e de do 16 ao 20, de 16.00 a 20.00. A estancia na carpa poderá limitarse en función da demanda.
Outra das novidades deste ano é a xincana de elfos que se celebrará o luns 23 de decembro, a partir das 18.00 horas, na citada carpa. A concellería de Mobilidade convida a todos os nenos e nenas, e tamén á mocidade, a participar nunha proba de obstáculos moi divertida na que haberá agasallos para todos os participantes.
Este Nadal o Concello de Carballo convida tamén aos máis pequenos a poñerse ao volante dun vehículo Infento (unha innovadora empresa que se especializa na creación de kits de construción de vehículos a tamaño natural).
O seu enfoque único permite aos nenos e nenas deseñar e montar os seus propios vehículos, fomentando a creatividade, a resolución de problemas e a aprendizaxe práctica. Cunha variedade de modelos e niveis de dificultade, Infento non só ofrece diversión; tamén promove habilidades STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Os obradoiros celebraranse os días 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro na carpa da praza consistorial. De 16.00 a 20.00 horas, os participantes montarán un vehículo de xeito cooperativo e, ao remate da actividade, poderán conducilo. Non hai límite de idade, pero si de prazas.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión