O magnetismo das regueifas atrae aos cativos de Carballo
Lupe Blanco e Josinho da Teixeira impartiron talleres a alumnos dos colexios Nétoma-Razo, A Cristina e Bergantiños e dos IES

Josinho da Teixeira e Lupe Blanco nun obradoiro de regueifas nun colexio carballés. / Cedida
O Concello de Carballo eleva a súa aposta por estender o poder magnético da regueifa entre os escolares do municipio. Faino, desta volta, a través dos obradoiros de improvisación oral da oitava edición do proxecto Enreguéifate, impulsado polos servizos de normalización lingüística de Carballo, Ames, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Durante o mes de novembro participaron nesta iniciativa os CEIP de Nétoma-Razo, A Cristina e Bergantiños e os institutos Isidro Parga Pondal e Monte Neme, aos que se sumarán outros nunha segunda rolda de accións formativas no mes de xaneiro.

Alumnos de Carballo nun dos obradoiros de regueifa. / Cedida
Da man de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, os obradoiros procuran poñer en valor a regueifa, incentivar a súa práctica e difundila entre a infancia e a mocidade. A formación para escolares é unha das accións principais do proxecto Enreguéifate, que tamén celebrou xa en Carballo un obradoiro para docentes o pasado mes de outubro.
Estas accións van destinadas tamén a promover a participación do alumnado e do profesorado no certame de regueifas en vídeo. O prazo de participación no Enreguéifate estará aberto do 20 de xaneiro ao 20 de marzo de 2025 e a inscrición poderá facerse dende a web do certame.
Como novidade, amplíanse de seis a oito os premios por cada categoría; ademais dos galardóns á regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada, tamén haberá galardóns para a máis inclusiva e a para a máis entroideira.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades