Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Concentración de carteiros en Lalín polas condicións laborais

Critican a «mala xestión» que consideran que se está a facer desde a dirección, en Santiago

Concentración de traballadores de Correos en Lalín.

Concentración de traballadores de Correos en Lalín. / Cedida

Lalín

Os empregados de Correos de Lalín volveron concentrarse para seguir en loita contra a precarización das súas condicións laborais. O pasado día 2, xunto cos representantes sindicais da CIG, reuníronse co alcalde, Xosé Crespo, para remitir unha carta ao presidente de Correos, Pedro Saura.

Na misiva os carteiros fanlle chegar o malestar pola «mala xestión» que consideran que se está a facer desde a dirección, en Santiago, «ao manteren a intención de suprimir as catro prazas vacantes» polas que levan loitado dende hai case un ano.

Tracking Pixel Contents