Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O CEIP Barrié de Santa Comba, referente no fomento da saúde

Pedro Blanco entregoulle ao centro, que en 2025 cumprirá 50 anos, o selo que recoñece o seu labor a prol da vida saudable do seu alumnado

Pedro Blanco recibindo un debuxo de mans dun alumno.

Pedro Blanco recibindo un debuxo de mans dun alumno. / Cedida

Santa Comba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou este venres o compromiso do Ministerio de Educación co fomento dos hábitos de vida saudable nos centros escolares de Galicia. Fíxoo no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba, onde asistiu ao descubrimento da placa do Selo de Vida Saudable, concedido polo Ministerio a este centro.

O distintivo recoñece o fomento da aprendizaxe da saúde no ámbito educativo e a asunción de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización dos alumnos. 

No acto estivo acompañado polo alcalde, Alberto Romar; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; e o director do centro, César Ramos.

Blanco puxo en valor o traballo do centro para conseguir dito selo, que certifica a súa implicación pola saúde do seu alumnado, tanto pola do presente como pola do futuro, e do conxunto da comunidade educativa. Asimesmo, felicitou ao colexio por este logro e ás familias e aos máis de 400 estudantes pola súa implicación.

O delegado do Goberno tamén trasladou os seus parabéns ao CEIP Barrié de la Maza polo seu 50 aniversario, que cumprirá en 2025. «Este é un exemplo de que os centros educativos do rural están á vangarda da educación pública máis vivos que nunca», dixo.

Tracking Pixel Contents