Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Os poemas do baiés Labarta Pose ilustran o calendario de Zas

O Concello continúa coa posta en valor da figura do escritor e xornalista

O Concello fará chegar o calendario a todas as vivendas do municipio de Zas

O Concello fará chegar o calendario a todas as vivendas do municipio de Zas / C. Zas

Zas

O Concello de Zas dedicou o calendario municipal de 2025 ao escritor e xornalista baiés Enrique Labarta Pose. «Quixemos que fose o protagonista porque o 13 maio cúmprese o centenario da súa morte», afirma o alcalde, Manuel Muíño.

O departamento de Cultura deseñou un almanaque de 13 follas adicado ao polifacético escritor co fin de continuar coa posta en valor da súa figura. En cada un dos meses poden lerse estrofas de diferentes poemas cuxa temática está relacionada cunha efeméride. Así, en marzo —coincidindo co Día da Muller — recóllense algunhas das estrofas do poema Defensa das Mulleres no que Labarta defende a igualdade. En novembro, mes do 25N, poden lerse outras estrofas deste mesmo poema no que denuncia, xa na súa época, a violencia contra as mulleres.

Eventos como O Carme do Briño, en Borneiro, a Festa da Patroa de Tabeirón, en Baio, ou a feira de Verdillo, en Carballo, tamén teñen o seu protagonismo xa que foron eventos aos que lles dedicou algún poema.

Maio é un mes especial, xa que coincide coa data do seu pasamento, pouco antes do Día das Letras Galegas. Escolleron neste caso estrofas do poema titulado Que me enterren aló, no que Labarta pide que o enterren en Baio, un desexo que non se puido cumprir pese aos esforzos do Concello de Zas.

Tracking Pixel Contents