Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames esixe medidas ante o "colapso" do centro de saúde de Bertamiráns

Denuncian que a "pasividade" da Consellería de Sanidade ten levado a unha situación de falta de persoal, non cobertura de baixas e listas de agarda de máis dunha semana para consultas

Exterior do centro de saúde de Bertamiráns

Exterior do centro de saúde de Bertamiráns / Concello de Ames

Javier Ramos

Javier Ramos

Agardas de máis dunha semana para solicitar unha consulta médica e nenos e nenas sendo atendidos por persoal non especialista ante a falta de pediatras. Son algúns dos motivos que teñen levado ao Concello de Ames a emitir un comunicado en protesta polo “colapso” que, segundo denuncian, se ten producido no centro de saúde de Bertamiráns nas últimas semanas ante a “pasividade” á hora de tomar medidas por parte da Consellería de Sanidade.

No día de onte, o alcalde Blas García, asinou un texto en protesta por teren estado -afirmou- “unha semana intentando contactar coa xerencia da área sanitaria” de Santiago de Compostela sen obter resposta. “Esta pasividade é inaceptable”, denunciou o rexedor amesán, que lembrou que hai apenas dous meses el máis a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, mantiveron unha reunión co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na que se abordou o estado deste centro e as deficiencias que xa presentaba.

Segundo indicou o alcalde, o inmoble precisa dunha “profunda reforma para poder facer fronte á demanda de usuarios que ten nestes intres” e Ames xa amosou a súa disposición a ceder os terreos anexos ao centro de saúde para que se acometan as obras de ampliación pertinentes.

Porén, engadiu, non son as únicas medidas necesarias, posto que dende a Administración municipal tamén demandan a recomposición e reordenación do servizo e dos cadros de persoal para paliar as deficiencias actuais do sistema. Segundo expresaron fontes municipais, os tempos de agarda para dispoñer dunha consulta médica son constantemente superiores a unha semana, ao que suman que non se están a cubrir baixas en servizos coma o de Pediatría, o que provoca que os menores sexan atendidos por sanitarios non especializados na súa atención.

O centro de saúde de Bertamiráns dá servizo tanto aos veciños de Ames coma aos de concellos limítrofes, posto que dispón dun punto de atención continuada para determinadas continxencias.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents