Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gran éxito de público do espectáculo de maxia de Cayetano Lledó en Vedra

Os cativos abarrotaron as primeiras filas da actuación no centro sociocultural

Espectáculo de maxia de Nadal de Cayetano Lledó no centro sociocultural de Vedra

Espectáculo de maxia de Nadal de Cayetano Lledó no centro sociocultural de Vedra / Cedida

O salón de actos do centro sociocultural de Vedra quedou pequeno para atender a alta expectación espertada pola actuación do mago Cayetano Lledó programada como parte das actividades do Concello para celebrar estas datas festivas no municipio.

O espectáculo de maxia de Nadal deste artista galego, premiado en multitude de certames e tamén produtor de teatro e ilusionista, encheu un auditorio cun gran número de cativos e familias interesados en desfrutar en primeira persoa dos seus trucos máis logrados.

Así mesmo, dende a Administración municipal aproveitaron a ocasión para facer o acto de entrega dos premios ás mellores tarxetas postais do Nadal elaboradas por nenos e nenas residentes en Vedra.

O alcalde, Carlos Martínez Carrillo, e a concelleira de Cultura, Diana Varela, fixeron entrega destes premios xunto co propio Cayetano Lledó. En primeira posición e, polo tanto, seleccionada coma felicitación oficial do Concello, quedou a tarxeta de Pablo Ayude Santas, participante na categoría de Secundaria.

Entrega de premios do concurso de postais de Nadal en Vedra

Entrega de premios do concurso de postais de Nadal en Vedra / Cedida

Entre as persoas de idade preescolar, de menos de dous anos de idade, a gañadora foi Marta Vázquez Rodríguez. Na categoría infantil, de tres a cinco anos, o premio foi para Xenia Louzao Magariños. Entre os alumnos de primeiro e segundo de Primaria o vencedor foi Juan Carbia Fernández e, entre os de terceiro e cuarto; a tarxeta escollida foi a de Xela Parada Rodríguez. Por último, no último bloque de Primaria o premio foi para Marco Iglesias Álvarez.

Tracking Pixel Contents