O Pino animará a noite de Reis cun festival de música para a mocidade
Instalarase unha carpa a carón da Casa da Cultura para as actuacións de DJ Rokiño, Nueva Fuerza e DJ Toni

Cartel do festival Sons de Reis organizado polo Concello do Pino / Cedida
O Concello do Pino decidiu animar a noite da véspera de Reis cun festival de música, coñecido coma Sons de Reis, pensado para a mocidade. Así pois, o vindeiro día 5 de xaneiro, nunha carpa climatizada instalada a carón da Casa da Cultura, terán lugar as actuacións de DJ Rokiño, o grupo Nueva Fuerza e DJ Toni.
Cada un dos artistas realizará dous pases dunha hora, polo que a festa prolongarase dende as 20.00 horas do inicio ata o peche, previsto para preto das dúas da mañá.
Nese mesmo día, os Reis Magos iniciarán o seu percorrido polas parroquias do Pino ás 10.45 horas, no lugar de Pereira. En horario de mañá, irán pasando, na seguinte orde, por Castrofeito, Budiño, O Pino, Gonzar, Medín, Pastor e Lardeiros. Xa pola tarde, chegarán ata San Breixo, San Mamede, San Miguel de Cerceda e O Cebreiro.
Unha vez rematada a ruta, as súas maxestades de Oriente saudarán e recollerán unha vez máis as peticións de toda a cativada no pavillón de Reboredo a partir das 19.30 horas. As portas do polideportivo estarán abertas dende ás 17.30 horas e os asistentes poderán amenizar a espera dos Reis Magos facendo uso gratuíto dos inchables que alí se colocarán. Neste tempo tamén se realizará a entrega dos premios do concurso de postais de Nadal.
A festa rematará cunha chocolatada que estará acompañada polo tradicional roscón de Reis.
- La borrasca Marta obliga a suspender el partido entre el Cambados y el Compostela
- Rescatados después de tres horas los pasajeros de un AVE Santiago–Madrid averiado en medio de un monte cerca de Ourense
- Operativo policial en dos pubs de Santiago para la búsqueda de drogas durante la madrugada
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago
- Furor por construir las 140 viviendas públicas en Ames: hay 122 propuestas
- Vecinos de A Ponte Maceira firman para que se rehabiliten sus molinos
- Una serie rodada en Santiago y sus alrededores aspira a tener el Mejor Guión de Comedia
- Crónica social compostelana | Cocido de la promoción del Preuniversitario del 70-71 del Arcebispo Xelmírez
