Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Piden a revisión da protección acústica do tren ao paso por lugares de Teo

Veciños de Francos e Osebe protestan polo impacto visual do novo illamento, que chega a duplicar a altura do anteriormente colocado

As barreiras acústicas instaladas ao carón das vías do tren en Teo

As barreiras acústicas instaladas ao carón das vías do tren en Teo / Cedida

Javier Ramos

Javier Ramos

O pleno de Teo aprobou onte unha moción do grupo de goberno pola que se lle solicita ao Ministerio de Transportes que revise os cálculos feitos para dispor os materiais de illamento e propagación acústica nas vías de alta velocidade ferroviaria da ruta Padrón-Santiago que cruzan o municipio nos lugares de Francos e Osebe.

Veciños destas zonas trasladaron as súas queixas pola instalación dunhas pantallas opacas de tres e de cinco metros que, ademais de duplicar nalgún caso a altura das existentes, supoñen «unha importante perda da calidade» de iluminación e da amplitude visual.

As pantallas opacas instaladas nas vías de tren

As pantallas opacas instaladas nas vías de tren / Cedida

Por este motivo, o Concello insta ao Ministerio a dar con outra solución que cumpra a legalidade e afecte en menor medida aos veciños. No caso de non ser esta posible, engade a proposta respaldada pola corporación, demandan que as pantallas que se coloquen sexan translúcidas para que o seu impacto sexa menor.

Este foi un dos puntos tratados nun pleno no que tamén se aprobou a adhesión de Teo á asociación de concellos afectados pola autoestrada AP-9, que permitirá unha maior recadación polo IBI desta infraestrutura.

Así mesmo, acordouse destinar a maioría dos fondos do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal á ampliación do servizo de axuda no fogar e unha menor parte a adquirir novo equipamento para realizar programas sociais.

Tracking Pixel Contents