Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

'Prebadaladas' en Ames: máis de 1.500 persoas reciben por adiantado o 2025

A cantante Fátima Pego deulle a benvida a novo ano

Ames recibe por adiantado o 2025

El Correo Gallego

Ames

Un ano máis, o Concello de Ames celebrou por adiantado a chegada de 2025. Foi coas tradicionais prebadaladas, que este ano presentou a cantante Fátima Pego e que xuntaron unhas 1.600 persoas na Praza do Concello, en Bertamiráns.

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025 / CEDIDA

Ao comezo da festa repartíronse bolsas co cotillón necesario para despedir o 2024 e recibir o 2025 por todo o alto: para os adultos, arandos en lugar de uvas e sidra e, para os nenos, uvas de lambetadas sen glute e batidos.

O acto das prebadaladas comezou coas actuacións das gañadoras da última edición do Canta con Ames: Anaís Fernández, Paula Barreiro e o dúo formado por Silvia Veiga e Cecilia Pardo, e nela non faltou o emocionante reconto das badaladas que simbolizaron a chegada do novo ano.

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025 / CEDIDA

Un ano máis, a Casa do Concello engalanouse para recibir o ano novo cunha vistosa alfombra de arte efémera elaborada por alfombristas de distintas asociacións de Ames, Bueu, Burela, A Estrada, Moaña, Ponteareas e Rianxo.

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025 / CEDIDA

Como novidade, a festa das prebadaladas contou este ano cunha intérprete de lingua de signos e con mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva, das que se beneficiaron quince persoas con este tipo de discapacidade.

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025

Prebadaladas en Ames para recibir o 2025 / CEDIDA

Tracking Pixel Contents