Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG de Ames pide dedicar os fondos do Plan Único a arranxar vías e sendas

Defenden que este financiamento se debe empregar para "mellorar a vida de toda a veciñanza", sexan de zonas rurais ou urbanas

Firme en mal estado na estrada de Covas a Pousada

Firme en mal estado na estrada de Covas a Pousada / BNG de Ames

Javier Ramos

Javier Ramos

O grupo municipal do BNG no Concello de Ames reclamou este venres que os fondos do Plan Único (POS+ 2025) da Deputación da Coruña se empreguen na súa meirande parte no arranxo e mellora de vías e sendas de titularidade municipal, como por exemplo a segunda fase da ruta peonil que une Reino e Pontemaceira ou a pavimentación da estrada que une Covas e Pousada.

A formación nacionalista sostén que este plan provincial é unha «ferramenta imprescindible para financiar obras e servizos públicos» e que debe ser dedicado a "mellorar a vida de toda a veciñanza", tanto do ámbito rural como do urbano.

Tamén alude a outras actuacións, como a renovación da cuberta do anfiteatro do Milladoiro, a pavimentación do aparcamento público situado detrás da Policía Local de Bertamiráns, a reparación das redes de pluviais de Biduído de Abaixo ou a segunda fase da casa da cultura do Milladoiro.

Tracking Pixel Contents