O comercio da Laracha sortea experiencias entre a clientela
Esmeralda Rodríguez aloxarase en Madrid e irá ao musical ‘El rey león’, Pilar Fuentes irá a un spa e Geli Pérez gañou unha cea

José Manuel López e Rocío López, esqda., coas gañadoras dos agasallos de experiencias. / Cedida
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a edil de Promoción Económica, Rocío López, entregaron os agasallos aos gañadores do sorteo realizado entre todas as tarxetas Rasca e gaña depositadas nas urnas habilitadas nas tres bibliotecas municipais no marco da campaña organizada baixo o lema Agasalla comercio local, ten premio.
Esmeralda Rodríguez Brandón gañou o premio consistente nunha experiencia cultural (unha estancia dunha noite en hotel en Madrid e dúas entradas para asistir ao espectáculo musical El rey león); María Pilar Fuentes Rey gañou a experiencia turística (unha estancia de dúas noites para dúas persoas con acceso a spa no Augusta Eco Wellness Resort de Sanxenxo); e Geli Pérez Lodeiro gañou a experiencia gastronómica (unha cea ou comida para dúas persoas).
O Concello impulsou esta iniciativa co triplo obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de facer as compras no comercio de proximidade, atraer e fidelizar á clientela e subvencionar as compras dos cidadáns. Para elo puxéronse a disposición dos establecementos adheridos 10.000 tarxetas Rasca e gaña para entregar aos clientes por cada compra de 10 €.
Mil desas tarxetas contiñan un premio directo de 10 € para consumir no comercio local e nos servizos de proximidade; 21 contiñan premios directos con agasallos cedidos polas empresas participantes; e coas preto de 9.000 restantes podíase participar no sorteo dos tres agasallos consistentes en experiencias.
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Netflix regresa a Galicia con la serie que acerca la historia real de la narcotraficante detrás del mayor alijo de cocaína incautado en los 90
- Una heladería de Santiago, entre las favoritas de los mejores heladeros de España
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- El rincón marinero a 40 minutos de Santiago donde veranea Christian Gálvez: paseos de dos kilómetros junto al mar, el mejor marisco y un jardín único en Europa
- Burger King cancela su colaboración con el gallego El Xocas: 'Sus declaraciones no representan los valores que defendemos
- El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
- El juzgado admite a trámite una demanda de Galicia y Andalucía contra la Federación Española de Pesca por excluirlas del mapa de campeonatos nacionales