Peluquería Carlos gaña o concurso de escaparates de Nadal de Melide

Escaparate gañador do concurso de Nadal de Melide. / Cedida
Peluquería Carlos Gómez é a gañadora do concurso de escaparates de Nadal do Concello de Melide, polo que lle corresponde un premio de 1.000 €.
O xurado outorgou o segundo e o terceiro premio a Carnicería Cardelle (500 €) e a Intres Fotografía (250 €), respectivamente. Na súa decisión tivo en conta a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade e a ambientación de Nadal dos 25 escaparates a concurso, seis máis que ano pasado.
O concurso é unha das iniciativas do Concello que promoven a creación dun ambiente único de Nadal no municipio durante as datas festivas.
O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, valora moi positivamente a edición deste ano, «tanto polo nivel da decoración como polo incremento no número de establecementos participantes».
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo