Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EMPREGO

Costa da Morte recibe 2,8 M€ para iniciativas de formación

Once entidades e os concellos de Carballo e A Laracha ofertan 48 cursos

Ferrero, esquerda, Do Campo, Lorezo e García co director do obradoiro Lubiáns

Ferrero, esquerda, Do Campo, Lorezo e García co director do obradoiro Lubiáns / Xunta

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carballo

Os concellos de Carballo e A Laracha e 11 entidades de Bergantiños e Costa da Morte recibirán máis de 2,8 millóns de euros da Xunta para levar a cabo 48 cursos de Accións Formativas para Desempregados (AFD), segundo confirmou a delegada autonómica, Belén do Campo, durante a visita ao obradoiro de emprego dual Lubiáns de Carballo-Coristanco, onde se están a formar 15 desempregados en montaxe e instalacións de construcións de madeira e en montaxe de mobles e elementos de carpintaría.

Belén do Campo e o alcaldes con alumnos do curso de cociña que se imparte en Carballo

Belén do Campo e o alcaldes con alumnos do curso de cociña que se imparte en Carballo / Xunta

Do Campo, que estivo acompañada polos alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero, e de Coristanco, Juan Carlos García, explicou que estas actuacións «contribúen a reforzar a colaboración institucional entre a Xunta e as entidades locais a prol do emprego, un compromiso que se manterá en 2025». 

Polo que respecta ao obradoiro Lubiáns, a Xunta aportou case 309.000 euros para que os participantes reciban formación durante nove meses ao tempo que desempeñan un traballo remunerado ao redor da madeira.

No marco deste programa levarase a cabo a dotación e renovación do mobiliario interior dos centros sociais de Bértoa, Entrecruces e Verdillo en Carballo e Cereo, Erbecedo, e Oca en Coristanco. Tamén se dotará de equipamento público e dunha pérgola á escola unitaria de Artes, en Carballo, no exterior do Museo da Pataca de Santa María de Traba, e no pavillón deportivo Xosé Pichel, en Coristanco.

Belén do Campo subliñou que neste obradoiro as alumnas e os alumnos reciben «unha formación de calidade ao tempo que desenvolven un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade». O obxectivo, incidiu, «é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación».

Do Campo cos alcales, edís e monitores do obradoiro de emprego Lubiáns en Carballo

Do Campo cos alcales, edís e monitores do obradoiro de emprego Lubiáns en Carballo / Xunta

En Galicia os obradoiros de emprego duais supoñen un investimento de 36 millóns nun total de 87 accións que beneficiarán a máis de 1.700 persoas.

Tracking Pixel Contents